sábado, 15 de enero de 2011

O luns 17 visitamos Cee e Fisterra

Comezamos o ano con dúas saídas moi cercanas no tempo. Despois de estar o mércores en Ponte Carreira, agora falamos das visitas aos IES Fernando Blanco de Cee e ao IES Fin do Camiño de Fisterra.

Toda a información relativa ás nosas charlas podedes atopala premendo no enlace que aparece a cada centro na pestana "Saídas 2010-2011" ou nesta entrada.

Agradeceríamos que os comentarios comezasen polo nombre da localidade do centro.

1 comentario:

  1. IES Fernando Blanco: Parabéns polo voso traballo. Nas clases seguintes á charla todo o alumnado quería comentar co profesor o ben que estivera a actividade, según eles: "soubéchedes chegarlle a dentro", un saúdo!!

    ResponderEliminar