jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado

Desde a valoración das profesoras acompañantes á visita do IES Blanco Amor, só podemos reiterar unha vez máis o noso agradecemento pola excelente acollida que recibimos no voso centro. Os nosos alumnos relataron as súas vivencias a un auditorio enormemente respetuoso e interesado. As mostras de cariño recibidas no blog dan boa proba disto.
Agradecemos tamén o feito de ser convidados pola Garda Civil para formar parte deste plan de mellora da convivencia do Centro e agardamos futuras colaboracións.
Sería moi complicado resumir todo o que tratamos de expoñer alí aos adolescentes, as experiencias de vida son duras e as sensacións, ás veces, contraditorias, quedaremos coas palabras de César e Juan: "liberdade e responsabilidade". A reflexión queda no aire...

Chus e Marián (profesoras do EPAPU de Teixeiro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario